Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas na Xunta de Goberno Local obras de...

APROBADAS AXUDAS PARA ENTIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS POR 24.000 €

Adxudicadas na Xunta de Goberno Local obras de mellora en rúas, vías e instalacións municipais por máis de 600.000 euros

Luns 26 de outubro do 2015

O terceiro proxecto que foi adxudicado durante a sesión foi o das obras de "Pavimentación na rúa Lugo e varios espazos urbanos", por un importe de 142.488,75 euros (IVE incluído). A empresa adxudicataria será Lancer Proyectos y Obras SA e o prazo de execución é de dous meses. As melloras realizaranse en varias parcelas da capital municipal destinadas a aparcadoiros públicos e gratuítos distribuídos en seis zonas: na contorna da rúa Enrique Sánchez; na contorna da rúa Avilés de Taramancos; na contorna das rúas Pontevedra e Roberto Vidal Bolaño; na contorna da rúa Pontevedra; na contorna da Rúa Lugo; e na da rúa Gardenias. As obras consistirán na pavimentación das parcelas con aglomerado, xa que que na actualidade contan con pavimento de zahorra artificial compactada que require de altos custos de mantemento. Ademais, procederase ao pintado das prazas de estacionamento e á colocación da sinalización viaria correspondente. Por último, a Xunta de Goberno dou luz verde aos traballos de "Reparación dos viais secundarios na parroquia de Entrecruces" por un total de 35.816 euros (IVE incluído), que realizará a empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL. O prazo de execución da obra é de tres meses. As melloras realizaranse nos viais que transcorren entre os seguintes lugares: Cotaro, San Paio-Sabadín, Pereiro da Baixa-O Ribeiro, Pereiro Vello, Lebosende-Meixonfrio 1, Piñeiro Da Alta-O Campo, Pazos-Casais, Piñeiro da Baixa-A Igrexa, Souto Grande-Outeiriños, A Redonda-A Ferveda, Sabadín-Vilela e Piñeiro da Alta-Ponte de Ouxas.

Axudas para o Centro de Información á MullerFóra da orde do día, a sesión incluíu a solicitude de 752.825 euros ao abeiro da convocatoria de axudas e subvencións da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual ou mediante xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. A cantidade destinarase ao financiamento dos servizos de asesoría xurídica e psicolóxica do Centro de Información á Muller (CIM) así como ao mantemento de persoal do centro. No apartado de expedientes de contratación, recibiu luz verde o relativo ao contrato de "Subministro por renting de catro copiadoras con destino ás oficinas municipais do Concello de Carballo". A vixencia do contrato sería de xaneiro de 2016 a outubro de 2018 cun prezo total do contrato de 53.956,03 euros. Sería polo renting de catro copiadoras dixitais a color cun valor estimado do contrato ao mes de 1.089 euros (IVE incluído).

Para rematar, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das axudas a asociacións ou colectivos sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido dos servizos sociais por un importe total de 24.000 euros; así como un convenio de colaboración co CIFP Ánxel Casal de Montealto para o desenvolvemento de prácticas non laborais. Dous alumnos da ensinanza Animación Sociocultural desenvolverán un período de prácticas de 740 horas de duración no Departamento de Cultura do Concello baixo a titoría de Carmen Castro Pombo, animadora cultural do Concello.

Compartir: