Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT aborda a súa recta final coa estrea de...

TAMÉN REMATA O CICLO OTNI CUNHA COMPAÑÍA GALEGA O XOVES 29

O FIOT aborda a súa recta final coa estrea de "Othelo" de Gabriel Chamé e con Charo López en "Ojos de agua"

Mércores 28 de outubro do 2015

Respecto do argumento, trátase dunha representación feita desde o poético e a emoción, con música e humor, sobre o tempo gozado e perdido, o sexo como pracer e arma, a beleza como regalo e condena, a alegría de vivir a pesar de todo e a liberdade gañada a pulso. A obra convértese en bágoas de risa e emoción nos "ollos de agua" dunha brillante actriz símbolo de toda unha época. A través da dramaturxia de Álvaro Tato e do seu director, Yayo Cáceres, a compañía Ron Lalá imprímelle a esta personaxe universal o selo que os converteu nun dos referentes da escea nacional e tamén nos gañadores do Premio do Público do FIOT 2013. Ademais de rematar as funcións de sala, tamén finalizan as representacións do ciclo OTNI o xoves 29 ás 21.00 horas coa estrea no FIOT dunha nova compañía galega, Cinema Sticado, que representa a súa obra "Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula" (3€), o primeiro espectáculo da triloxía "Strpts".

A peza conta a historia dun home sixiloso e unha muller soñadora que cruzan os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces. Intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza, sen dereitos sociais e ateigado de corrupción política. En vivo e en directo, esta obra multidisciplinar con cinema, performance, teatro de obxectos e poesía visual hipnotiza ao espectador cun mundo en miniatura e unha experiencia asombrosa. Este resultado lógrase gracias ao estilo propio de Cinema Sticado, que combina artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e vídeo en tempo real. Previo á función, ás 19.00 horas, os membros da compañía participan no "Café con...", no que poderán conversar cos espectadores para coñecer as súas dúbidas e inquedazas. Ademais, presentan o cómic "Strpts//Episodio1: Mirlo & Rula", que leva o mesmo nome ca obra.

Derradeira sesión do obradoiro de radio do FiotiñoPara rematar coas actividades dedicadas ao público infantil do FIOT, o sábado 31 entre as 10.30 e as 13.00 horas celebrarase a terceira e derradeira sesión do obradoiro "Locutores de radio", no que 15 rapaces e rapazas a partir de 10 anos aprenden a escribir un guión para a radio vinculado ao mundo do teatro. Trátase dunha experiencia única para fomentar a creatividade, a expresividade e o traballo en equipo a través dun divertido xogo de radio para dramatizar e crear historias. O taller volverá ter lugar na Biblioteca Rego da Balsa. Debido á gran demanda, todas as prazas para este obradoiro xa están esgotadas.

Xa están dispoñibles as entradas para ver a estrea en Galicia de "Othelo" de Gabriel Chamé e a innovadora e orixinal peza que trae Cinema Sticado ao Ciclo OTNI. Os interesados poderán reservar as súas butacas a través do sistema de televenda de <ataquilla.com> (antes Servinova) ou chamando ao teléfono 902 504 500 (de 9.00 a 22.00 horas). No caso de que nos próximos días aínda quedaran butacas libres, ademais de por Internet, as entradas para a programación de sala poderán mercarse na billeteira do Pazo da Cultura a partir das 19.30 horas do día da representación de cada obra. Aínda que xa non hai entradas dispoñibles para "Ojos de agua", aconséllase aos interesados que chamen para informarse de posibles butacas libres de última hora ou que se acheguen ao Pazo da Cultura o día da función.

Compartir: