Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello, a SD Sofán e Cruz Vermella unen...

O SÁBADO 14 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 HORAS EN PUNTA DEL ESTE

O Concello, a SD Sofán e Cruz Vermella unen esforzos nunha cea baile benéfica en Punta del Este a prol dos refuxiados sirios

Venres 30 de outubro do 2015

A presentación da iniciativa tamén serviu para introducir á nova coordinadora de Cruz Vermella en Carballo, Ana Veira, que aclarou a que fin irán destinados exactamente os fondos recadados. Sinala que Cruz Vermella mantén abertas dúas liñas de actuación, e os cartos repartiranse entre elas: por un lado, a través do programa en España de axuda integral aos refuxiados que residen no noso país; e, por outro, co envío de axuda aos comités de Cruz Vermella situados nos países que están acollendo aos refuxiados preto das fronteiras de Siria, xa que o 80 por cento son países en vías de desenvolvemento. Respecto dos fondos, ademais do que se deposite in situ na urna o día da cea, a organización espera conseguir a participación do maior número posible de persoas para así poder baixar o prezo do menú e conseguir que tamén parte da entrada sirva para axudar aos refuxiados. Evencio Ferrero desexou que a sociedade de Carballo e de toda a Costa da Morte se sume a este "xesto de solidariedade", ao igual que o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, que espera que iniciativas coma esta "axuden a construír unha sociedade mellor" e que se repitan no futuro para poder axudar tamén noutras problemáticas. Matilde Anido foi a encargada de pechar a presentación desta cea baile, cun chamamento para que "non nos odiemos tanto e non esteamos sempre pelexando uns contra outros".

Os interesados e interesadas, poden descargar o cartaz anunciador da iniciativa en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: