Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fiotiño pecha cunha cita na que os cativos...

SÁBADO 31 DE OUTUBRO ÁS 12.00 HORAS NA BIBLIOTECA REGO DA BALSA

O Fiotiño pecha cunha cita na que os cativos poderán entrevistar pola radio ao Alcalde e a representantes do FIOT

Venres 30 de outubro do 2015

Hoxe venres ás 21.00h, o director e clown de importante traxectoria, Gabriel Chamé, porá o acento internacional coa súa obra "Othelo" (7€), unha nova forma de achegarse ao texto universal de Shakespeare. Este clásico estará reinterpretado por catro actores especialistas en clown e teatro físico que, con doses de humor, darán vida a todas as personaxes desta historia sobre celos, amor, lealdade, violencia, cobiza e vinganza. En definitiva,o tráxico convertirase en cómico. Gabriel Chamé combina o texto co xogo corporal e coa gravación cinematográfica, revelándonos os enganos e medos das personaxes e converténdonos nos seus cómplices. O resultado: unha función na que non deixaremos de rirnos do drama máis auténtico que existe: a estupidez humana.

O festival remata con Charo LópezA programación de sala para esta fin de semana tamén terá como protagonista a obra "Ojos de agua" (15€), na que a popular e recoñecida actriz Charo López dará vida á Celestina. Creada a partir de diversos fragmentos da peza de Fernando de Rojas, esta representación reescribe o pasado e o futuro do mito e os grandes temas da obra orixinal. Este sábado 31 ás 21.00h, os espectadores poderán comprobar como a historia enlaza directamente co noso tempo, explorando unha personaxe tan fascinante como contraditoria, que nos confesará os seus segredos máis profundos. Respecto ao argumento, trátase dunha representación feita desde o poético e a emoción, con música e humor, sobre o tempo gozado e perdido, o sexo como pracer e arma, a beleza como regalo e condena, a alegría de vivir a pesar de todo e a liberdade gañada a pulso. A obra convértese en bágoas de risa e emoción nos "ollos de agua" dunha brillante actriz símbolo de toda unha época. A través da dramaturxia de Álvaro Tato e do seu director, Yayo Cáceres, a compañía Ron Lalá imprímelle a esta personaxe universal o selo que os converteu nun dos referentes da escea nacional e tamén nos gañadores do Premio do Público do FIOT 2013.

Compartir: