Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrincou un ano máis a Escola Ambiental Senda...

DURANTE OITO MESES DE NOVEMBRO A XUÑO

Arrincou un ano máis a Escola Ambiental Senda Nova, na que nenos e nenas aprenden a coñecer o patrimonio e a natureza

Martes 3 de novembro do 2015

Xosé Manuel Menéndez quixo agradecer en nome de Senda Nova a colaboración de todas as persoas e entidades que fan posible o desenvolvemento da Escola Ambiental, comezando polos participantes e as súas familias, que demostran o seu compromiso e esforzo dende un primeiro momento, pasando polo apoio das administracións como neste caso a Deputación da Coruña e "sobre todo o Concello de Carballo, que por cuarto ano consecutivo apoia este proxecto", e rematando por todos os voluntarios e voluntarias que sacan adiante esta actividade , e en xeral, todas as actividades de Senda Nova. "Voluntarios e voluntarias que poñen o seu tempo libre como monitores e monitoras, como colaboradores e colaboradoras, pais e nais que comezaron traendo aos seus nenos e nenas ás actividades e rematan por ser parte do núcleo organizativo da entidade e sendo monitores da Escola Ambiental", subliña Menéndez. Os interesados e interesadas en obter máis información sobre a actividade e preguntar sobre as prazas dispoñibles, poden facelo no enderezo <sendanova@hotmail.com> e no teléfono 696 155 232.

Compartir: