Inicio Carballo ao día Hemeroteca A nova Concelleira de Festas convida ás entidades...

MAR EIRÍS TOMA O RELEVO DE BELÉN LENDOIRO

A nova Concelleira de Festas convida ás entidades carballesas e á veciñanza a integrarse na Comisión do San Xoán 2016

Sábado 3 de outubro do 2015

A fotografía gañadora pasará a formar parte do fondo documental das festas de San Xoán, que nos últimos anos está a enriquecerse coa incorporación de novo material audiovisual. Precisamente xa está dispoñible en Youtube o vídeo promocional do San Xoán gravado este ano, e que será difundido a través do resto das redes sociais e das páxinas web do Concello de Carballo. Podedes velo máis abaixo nesta mesma nova:


  
Por primeira vez tamén se difunde o vídeo do pregón, de maneira que Luis Fraga será o primeiro dos numerosos pregoeiros que pasaron por Carballo do que poderemos volver a escoitar a súa intervención íntegra. Aquí tendes o vídeo:
 

Compartir: