Inicio Carballo ao día Hemeroteca O importe íntegro do POS 2016 destinarase a...

O OBXECTIVO É ARRANXAR 85 KM CON DOUS MILLÓNS EN 3 ANUALIDADES

O importe íntegro do POS 2016 destinarase a mellorar a rede viaria nas 18 parroquias por máis de 800.000 euros

Xoves 5 de novembro do 2015

Neste primeiro ano, as actuacións concentraranse na zona norte do municipio. As vías están clasificadas segundo o seu estado entre as que non precisan intervención de ningún tipo porque están en boas condicións, as que requiren dun bacheo e eses 85 quilómetros nos que se realizará unha limpeza de cunetas e a pavimentación con dobre rego, de maneira, explicou Luis Lamas, "que quedarán listas para oito ou dez anos". No resto das parroquias, ademais do mantemento habitual, tamén se acometerán obras viarias con cargo a outros plans. Proba diso é que a semana pasada asináronse os contratos para as obras de sobreancho e reparación de varios camiños nas parroquias de Ardaña, Artes, Sofán e Rus por un importe de máis de 200.000 euros.

Compartir: