Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde recibe a alumnado de Primaria do CEIP...

REALIZARON UN PERCORRIDO POLAS INSTALACIÓNS DA CASA DO CONCELLO

O Alcalde recibe a alumnado de Primaria do CEIP Bergantiños que coñeceu de primeira man o funcionamento da administración

Venres 6 de novembro do 2015

Non deixaron de expresar as súas ocorrencias durante a visita, que realizaron repartidos en dous grupos. Frases como "eu teño visto moitos concelleiros", ou exclamacións como "mi madriña!" e "con iso poden mercarse moitos polos fritidos!", ao coñecer que o Concello manexa un orzamento de arredor de 22 millóns de euros, foron algunhas das anécdotas que foi deixando o percorrido, que rematou pasado o mediodía. Ademais, entregaron unha instancia no Rexistro dirixida ao señor Alcalde na que expuxeron que "rematando a mañá moi cansos" solicitan "que non haxa colexio polas tardes". O alumnado aproveitou tamén o traxecto que realizaron andando dende o colexio ata o Concello para realizar un percorrido por algúns dos murais de Derrubando muros con pintura. Está previsto que o luns 9 de novembro visiten as dependencias municipais nenos e nenas do CEIP Gándara-Sofán.

Compartir: