Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo Limpo emprende unha campaña de...

O PROGRAMA PILOTO COMEZARÁ NO BARRIO DA MILAGROSA

Carballo Limpo emprende unha campaña de voluntariado verde para mellorar a reciclaxe coa implantación do colector marrón

Luns 9 de novembro do 2015

Así mesmo, estudarase a posibilidade de ampliar a implantación dos colectores marróns a outros barrios da capital municipal ou, a máis longo prazo, analizar a posibilidade de que as persoas que mellor reciclen teñan no futuro algún tipo de incentivo. O Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, subliña que o Concello segue a traballar en fórmulas que permitan "que se lle dea un bo tratamento a todo tipo de lixo", nomeadamente dado que Carballo conta, segundo apuntou tamén o Alcalde, Evencio Ferrero, "con uns dos mellores índices de recollida selectiva de toda Galicia", especialmente no que se refire ao vidro. Así mesmo, o programa de compostaxe caseira implantado nas parroquias e nalgunha casa do casco urbano tivo "moi bo resultado", en verbas de Lamas. A implantación destes colectores marróns sería un paso máis para "seguir implicando á cidadanía", segundo salienta o Alcalde, e tamén porque "canto mellor sexa a recollida menos repercutirá o servizo no prezo do recibo". Respecto aos motivos para escoller o barrio da Milagrosa como espazo piloto, Ferrero explicou que "o barrio conta cunha identidade moi definida", ademais de ter unha asociación "moi dinámica" que dende o primeiro momento estivo disposta a colaborar. "Ti tes a chave" servirá tamén para implantar un sistema de recollida que non tardará en ser obrigatorio, xa que a normativa europea xa está dando pasos neste sentido. Deste xeito, Carballo, ademais de implantar un proxecto pioneiro en Galicia, tamén estará preparado para os cambios no sistema de recollida de lixo que está previsto que se implanten no futuro.

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo a través do web de Carballo Limpo <www.carballolimpo.com>. O Concello agradece de antemán a colaboración da veciñanza, non só neste proxecto piloto, senón tamén coas chamadas que realiza ao 981 75 49 17 ou en Twitter en @CarballoLimpo.

Compartir: