Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alumnado do CEIP Gándara-Sofán pasou unha...

FORON RECIBIDOS POLO ALCALDE NO SALÓN DE PLENOS

Alumnado do CEIP Gándara-Sofán pasou unha divertida mañá no Concello coñecendo o funcionamento da administración local

Luns 9 de novembro do 2015

Coma sempre, a Comisaría é un dos lugares onde permanecen máis tempo, interesados e interesadas polas pistolas ("son de bolas ou botan balas?"), os calabozos ou o etilómetro para facer as probas de alcolemia; pero tamén polo número de vehículos cos que conta a Policía Local (cinco). Os axentes tamén aproveitaron para incidir nunha serie de normas básicas de seguridade viaria, como a mellor forma de circular en bicicleta (sempre con casco). Para rematar, os nenos e nenas, que estes días estiveron estudando nas aulas o funcionamento dos concellos e das administracións, presentaron no Rexistro de Entrada unha serie de propostas para mellorar Carballo en forma de instancia.

Compartir: