Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 25 agrupacións musicais conforman o...

PRIMEIRO CONCERTO: LIVE IN CANCES O VENRES 13 ÁS 22.00 HORAS

Máis de 25 agrupacións musicais conforman o programa do Novembro con Música, con citas gratuítas até o 5 de decembro

Mércores 11 de novembro do 2015

Analizando as citas polo miúdo, este ano, unha das máis interesantes do programa vai da man da música antiga con Pres de Cambrai o venres 20 de novembro. Este conxunto compostelán, de amplo espectro sonoro, é especialista na recuperación, revisión e interpretación de obras de distintas épocas e estilos. Os integrantes da formación son músicos de consolidada experiencia no ámbito da chamada "música culta" e forman parte doutras agrupacións musicias de grande relevancia. Trátase dun concerto e dunha narración da trascrición que se fixo do misterioso e interesante Pergamino Vindel que contiña sete cantigas de amigo asinadas polo trovador vigués Martín Códax. Un espectáculo que recrea, a través da palabra e da música, o relato dos misterios que, durante séculos se agocharon neste pergamino, dándonos a coñecer a lírica profana galego-portuguesa, cando acaban de cumprirse 100 anos do seu achádego.

Como en case todos os programas da Concellaría de Cultura, en Novembro con Música está presente tamén a oferta para o público infantil e familiar con ciclo En Familia. Nesta edición, hai que destacar unha proposta da Asociación Lírica de Galicia que, a través da compañía de Teatro Lírico Madame Spaguettinni, presentarán o espectáculo músico-teatral "Érase unha vez a Ópera", no que unha grande Diva do bell canto, Madame Spaguettinni, xunto a un resucitado Mozart e outros simpáticos personaxes, descubriranlles a todos os asistentes os segredos da ópera invitándonos a viaxar a través dun mundo cheo de fantasía, escenificando as arias máis coñecidas do mundo operístico de obras como Don Giovanni, Turandot, Madame Butterfly, La Bohéme, etc.

Pop-rock e música tradicionalXa entrando nas propostas dos grupos carballeses, a primeira das actuacións é o venres 13 de novembro co concerto Live in Cances, un clásico que ten lugar nesta parroquia desde hai máis 10 anos. Trátase dun referente na música pop-rock dos grupos locais afeccionados, un evento que organiza a Asociación cultural San Campio de Cances e co que colabora o Concello a través do Convenio Musical. Nesta ocasión participan catro agrupacións cunha traxectoria moi consolidada no municipio. Versión Imposible, unha banda de música pop-rock que realizan versións de grupos españois dos anos 80-90. Dude, un grupo de xénero soul, no que salienta a voz e posta en escena da súa vocalista. Killer Cats, a banda rockabilly por excelencia da capital de Bergantiños. E, finalmente, The Cerne, unha formación con máis matices harmónicos e estéticos herdados do pop-rock melódico.

O sábado 14 de novembro volve outra das citas fixas do Novembro con música, Sons de aquí, un concerto de música tradicional a cargo das agrupacións musicais do Concello. As once que participan dan boa mostra da riqueza do noso patrimonio musical e das asociacións que traballan neste ámbito. Este ano son: Banda de Gaitas Municipal de Carballo, Cantareiras Xoldreira da AC Nemeth, Grupo de Gaiteiros San Cristovo , Cantareiras San Campio de Cances, Grupo de Cantareiras San Martín de Razo, Lembranzas de Bergantiños de Bértoa (grupo de gaitas), Asociación Cultural Argazo, Meigallos da Nosa Terra de Bértoa (grupo de música, primeiro ano que participan), Cantareiras e Cantareiros da AC Arume, Escola de Gaitas da AC Arume e as Cantareiras Névedas da AX Arume.

Música coral e obradoiros musicaisComo sempre no programa, a música Coral ten o seu protagonismo a través de dous concertos. O venres 21 celébrase o Festival de Corais no que participan dúas das agrupacións de Carballo, de estilos moi diferentes, o Coro Aires de Bergantiños (con temas tradicionais galegos) e a Coral Polifónica de Bergantiños (dedicada á polifonía máis clásica). Ao final do concerto teñen preparada unha sorpresa para os asistentes. O sábado 28, ten lugar o tradicional Concerto de Santa Cecilia que organiza a Coral Polifónica de Bergantiños, na que esta agrupación, conmemora a festividade da patroa dos músicos/as, convocando a corais doutros concellos para este evento. Este ano participará como grupo convidado a Sociedad Coral Polifónica El Eco da Coruña que acompañará á anfitriona, a Coral Polifónica de Bergantiños á que se sumará o Coro de Voces Brancas de Carballo. Os dous concertos de música coral terán lugar ás 21.00 horas.

Ao igual que aconteceu en anteriores ocasións dentro de Novembro con Música, o Servizo de Normalización Lingüística, organiza dentro do seu programa de actividades, un concerto-obradoiro para familias a cargo dos recoñecidos Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Baixo o título de Arrolos de Salitre, este dous músicos ofrecen un concerto no que dar unhas pautas para cantar e compoñer nanas para os máis pequenos e pequenas. Esta actividade está dirixida aos país e nais acompañados dos seus cativos e cativas e precisa de inscrición previa no enderezo electrónico <

Compartir: