Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado nun pleno extraordinario o Plan Xeral de...

A XUNTA DEBE RATIFICAR AGORA A SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA

Aprobado nun pleno extraordinario o Plan Xeral de Ordenación Municipal con 17 votos a favor dos membros da corporación

Xoves 19 de novembro do 2015

Na súa breve presentacion do documento, Milagros Lantes subliñou que o plan é un "documento dinámico, vivo e revisable", unha "ferramenta de xestión que permite evitar a improvisación" e que facilitará a planificación do Carballo do futuro. Despois de once anos de tramitación, miles de horas de traballo, a xestión de tres concelleiros na área de Urbanismo -Manuel Andrade, de TEGA; José Antonio Viña, do PSOE; e Milagros Lantes, do BNG-, do estudo de preto de dúas mil alegacións revisadas en 32 comisións de Urbanismo e dun total de 47 xuntanzas de representantes de todos os grupos políticos da corporación, agora o PXOM será remitido de novo á Xunta, xa que a Secretaría Xeral de Urbanismo conta agora con tres meses de prazo para ditaminar a súa aprobación definitiva. É de esperar, dado o traballo conxunto entre o Concello e a Xunta realizado nos últimos meses, que nesta ocasión o plan reciba un veredicto favorable, nomeadamente despois do consenso rexistrado nas últimas semanas entre ambas administracións.

Compartir: