Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde na Xunta de Goberno ás bases para a...

CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A RECOLLIDA DE APARATOS ELÉCTRICOS

Luz verde na Xunta de Goberno ás bases para a celebración do Concurso de Escaparatismo de Nadal 2015

Luns 23 de novembro do 2015

A sesión da Xunta de Goberno tamén supuxo luz verde para un convenio de colaboración coa Fundación ECOTIC, unha entidade sen ánimo de lucro, para a recollida selectiva de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, que deberán depositarse no Punto Limpo Municipal situado na rúa Estaño do Parque Empresarial de Bértoa para o seu posterior tratamento e reciclaxe. O acordo implica a implantación dun sistema de recollida que sexa eficaz e respectuoso co medio ambiente; avisar a ECOTIC cando os colectores estean ao 80 por cento da súa capacidade; realizar campañas de información dirixidas aos veciños e veciñas sobre a necesidade de reciclar os aparatos eléctricos e electrónicos e sobre o correcto xeito de facelo; e facilitar a elaboración da normativa que permita poñer en marcha o sistema de recollida. A Xunta de Goberno supuxo, así mesmo, a aprobación da celebración da Festa de Nadal para maiores 2015, que incluirá unha actuación musical co grupo Chicas del Swing e a degustación de produtos típicos de Nadal. Por último, a sesión aprobou o cambio de titularidade de catro vaos permanentes e a baixa dun quinto, así como a aprobación de tres licenzas de obra, unha licenza de parcelación en Arnados-Razo e unha licenza de segregación de parcelas en Queo-Bértoa.

Compartir: