Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Novembro con Música entra na súa recta final...

CITAS O SÁBADO 28 E O DOMINGO 29 DE NOVEMBRO

O Novembro con Música entra na súa recta final con ópera para nenos e o tradicional Concerto de Santa Cecilia

Mércores 25 de novembro do 2015

Mozart, o sublime compositor, será complice desta prima donna á hora de repasar a súa traxectoria musical na pel dos personaxes máis famosos das óperas de todos os tempos. Así escoitaremos famosas e recoñecidas arias de "Don Giovanni", "Turandot", "Madame Butterfly", etc. Este espectáculo posúe un alto contido lúdico e, sobre todo, didáctico. Unha produción para toda a familia que ninguén se debería perder e que terá lugar a partir das 18.00 horas. Hai que ter en conta que debido á demanda detectada para presenciar o concerto, puxéronse á disposición do público, invitacións gratuítas para asistir ao espectáculo ata completar o aforo do auditorio. Os convites están á disposición daquelas persoas interesadas nas oficinas da Concellaría de Cultura -situadas no 1º andar do Pazo da Cultura- desde o luns 23 ata o venres 27 de novembro nos seguintes horarios: mañás de 9.30 a 12.00 horas e tardes de 18.30 a 20.00 horas. Poderanse recoller un máximo de 4 invitacións por persoa. Dado que o espectáculo é infantil, prégase que non asista máis de un adulto por neno/a. Non se realizarán reservas por teléfono.

Compartir: