Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Bolsa de Traballo Municipal xestionou a...

DOUS MIL USUARIOS/AS BENEFICIÁRONSE DALGUNHA DAS ACCIÓNS DA BDT

A Bolsa de Traballo Municipal xestionou a inserción laboral de 187 persoas en só tres anos de funcionamento dende 2012

Xoves 26 de novembro do 2015

Así, nestes momentos hai 163 empresas inscritas, das que un 32 por cento utilizaron o servizo en máis dunha ocasión. De feito, a proximidade, a rapidez e a efectividade da BDT son aspectos moi ben valorados polos empresarios, e nese sentido a técnica destacou "a importancia de adaptarse ao que realmente busca a empresa". O terceiro pilar da BDT é o seu Plan de Formación, do que se teñen beneficiado 282 persoas dende 2013. En total téñense impartido oito cursos, pero neste 2015 por primeira vez puxéronse en marcha accións formativas "profesionalizantes, que habilitan directamente para un posto de traballo", explicou Milagros Antelo. En concreto, a bolsa organizou cursos de comercio e xestión de almacén. No primeiro caso, o 36 por cento das alumnas (todas foron mulleres) están traballando no sector, e no segundo o índice de inserción é do 38,46 por cento. O Alcalde de Carballo cualificou como "moi bo traballo" o que se vén desenvolvendo dende a BDT, e Xosé Regueira engadiu que resulta especialmente satisfactorio dadas as dificultades actuais "para colocar persoas no mercado laboral".

A participacion da muller na BDT supera o 57 por centoXa polo miúdo, algúns das cifras que convén convén destacar sobre o funcionamento da BDT; hai que mencionar os máis de 400 seguidores e seguidoras cos que conta o servizo en Twitter, en @bdtcarballo, onde os veciños e veciñas poden obter información puntual sobre as ofertas de emprego dispoñibles. Nestes momentos, a BDT conta con 30 persoas en listaxe de agarda para realizar a súa primeira entrevista, mentres que nos últimos tres anos téñense realizado 968 modificacións curriculares relacionadas principalmente con cambios sobre a dispoñibilidade dos demandantes ou para incluír a nova formación e experiencia que cada demandante vai adquirindo co paso do tempo. Outro dos datos dignos de mención, é que a participación da muller no primeiro ano da BDT era dun 39,67 por cento e no ano 2015 está nun 57,28 por cen. Respecto de tramos de idade, o que atopa maior significación é o de 30 a 44 anos, que conta cunha porcentaxe dun 44,18 por cento. En canto á distribución por localidade de residencia, podemos apuntar que o 69,78 por cento son persoas residentes en Carballo, existindo tamén candidatos/as procedentes doutros concellos e incluso, doutras provincias que supoñen o 30,22 por cen restante.

Os interesados e interesadas poden descargar a Memoria da BDT, que recolle os principais datos relevantes rexistrados no servizo entre o 10 de novembro de 2012 e a mesma data de 2015, máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: