Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo até o xoves 10 de decembro para...

REPARTIRANSE 2.000 EUROS EN PREMIOS

Aberto o prazo até o xoves 10 de decembro para participar no Concurso de Escaparatismo de Nadal 2015

Xoves 26 de novembro do 2015

Os interesad@s en participar poden presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas; e os sábados de 9.30 a 13.30 horas. O Concello de Carballo poderá suspender o concurso no caso de considerar que non hai un número suficiente de establecementos participantes. Os interesados e interesadas en descargar as bases ao completo, así como os impresos de solicitude, poden facelo en dous documentos en pdf nesta mesma nova. Na imaxe da nova pode verse o escaparate gañador da edición do concurso de 2014, correspondente con Mar de Encuentros, na Rúa Valle Inclán.

Compartir: