Inicio Carballo ao día Hemeroteca Notable alto dos espectadores para un FIOT que...

MÁIS DE 10.300 PERSOAS PARTICIPARON DIRECTAMENTE NO FESTIVAL

Notable alto dos espectadores para un FIOT que supera récords de asistencia e con Blanca Portillo como Premio do Público

Sábado 28 de novembro do 2015

Facendo reconto, tamén hai que mencionar que o nivel de ocupación da sala durante o festival foi dun 95 por cento de media, un índice que Sueiro cualifica como "estratosférico no mundo do teatro", e tamén de récord no propio FIOT. A ampla programación e elevada participación dos espectadores no festival tivo tamén o seu eco na repercusión mediática, que aumentou un 4,6 por cento respecto ao ano anterior, acadando case 4,5 millóns de impactos (persoas alcanzadas polas novas), segundo os datos de medición de audiencias. Este gran seguemento acadouse a través da publicación e emisión de case 300 pezas informativas procedentes de máis de 50 medios de comunicación distintas. O valor informativo do impacto do festival nos medios cífrouse en 521.000, 30 euros con máis de 182.000 persoas alcanzadas das redes sociais do festival, e con máis de 2.500 seguidores en Facebook e 5.000 impactos en Twitter. No apartado de curiosidades, hai que mencionar que Madrid é a 3ª cidade na que máis seguen FIOT, seguida de A Coruña ou Santiago de Compostela. Ademais, Buenos Aires é a quinta cidade na que máis se segue o FIOT e Barcelona a oitava. O post máis visto en Facebool tivo un alcance de 10.700 persoas.

O OTNI acada unha puntuación que supera o 4 sobre 5Alberto Sueiro tamén quixo resaltar a elevada valoración que os espectadores realizan do ciclo OTNI, cunha puntuación que supera o 4 sobre 5, o que reflicte "que cada vez o público de Carballo ten mellor percepción destas propostas", con especial mención ao espectáculo de Paula Quintana, que o presidente de Telón e Aparte cualificou como a "revelación" do FIOT deste ano. Por último, Sueiro quixo agradecer o labor de patrocinadores, do departamento de Cultura e dos voluntarios e voluntarias do Festival, todos "imprescindibles". Marcos Trigo subliñou tamén o traballo dos 20 voluntarios "sen quen sería imposible levar a cabo todas as actividades do festival", e tamén o "respaldo do público", nun FIOT "que a xente identifica como propio" e que, máis aló de que houbo 14 estreas, catro absolutas e dez en Galicia, e da notable repercusión do festival "o FIOT é o festival de toda a xente de Carballo". Ademais do voluntariado e do departamento de Cultura, diversas entidades fixeron posible a organización deste festival como a Agadicda Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Carballo, o Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais do Ministerio de Cultura, así como e locais de hostalería de Carballo que participaron na Rúa dos Contos ou outros pequenos empresarios que colaboraron con diferentes actividades.

Os organizadores do FIOT consideran que esta 24 edición reforzq a traxectoria percorrida ata a actualidade polo festival, afianzándoo como unha das referencias teatrais máis importantes de Galicia, tal e como o demostra o alto nivel do programa ofrecido, o respaldo que o público ofrece ao Outono de Teatro, o recoñecemento de distintas entidades e axentes culturais, así como a importante cobertura dos medios de comunicación. E xa están preparando a 25 edición, cuns resultados que "animan moito a seguir traballando", en verbas de Sueiro, e a aspirar que o 25 FIOT teña como mínimo, o mesmo nivel que a 24. Deica o ano!

Compartir: