Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo forma parte da rede de Cidades que...

O OBXECTIVO É TRABALLAR A PROL DUNHA MOBILIDADE SOSTIBLE

Carballo forma parte da rede de Cidades que Camiñan coa representación de Milagros Lantes como vogal da Xunta Directiva

Venres 4 de decembro do 2015

Entre as últimas medidas aprobadas pola entidade, está o visto e prace na asemblea da Rede de Cidades que Camiñan para o impulso de debates nos plenos municipais sobre os beneficios da redución da velocidade nas zonas urbanas a 30 quilómetros por hora, motivo polo que se contactará con todos os municipios capitais de provincia así como con aqueles con máis de 100.000 habitantes, unha iniciativa coa que se esperan acadar novas adhesións á "Alianza Cidades 30 km/h" impulsada por Cidades que Camiñan dende outubro de 2014.

Compartir: