Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicítalle á Deputación oito...

EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA O ALUGUER DUNHA PA E UN CAMIÓN

O Concello solicítalle á Deputación oito subvencións por 177.000 euros para actividades culturais, deportivas e de acción social

Luns 7 de decembro do 2015

No apartado de convenios, aprobouse a prórroga do Convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e Radio ECCA, Fundación Canaria. Este acordo ten como obxectivo colaborar na formación de persoas adultas do Concello e, en especial, co apoio aos adultos e adultas interesados na preparación das probas para a obtención do Graduado en Secundaria na zona de influencia de Carballo. Así mesmo, recibiu luz verde o pago dos premios do I Open Pesca Razo, que ascenden a 1.000 euros na categoría de surfcasting. Os premios correspondentes á categoría de spinning quedaron desertos por falta de capturas, xa que a actividade tivera que ser suspendida debido ás malas condicións meteorolóxicas. No apartado de contratación, aprobouse o expediente do contrato de servizos de "Aluguer de pa e camión, con condutor, para diversos departamentos municipais". Trátase dun procedemento aberto con vario criterios de adxudicación un orzamento anual de licitación de 181.500 euros por un prazo de execución de catro anos. Por último, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de cinco licenzas de obra e unha de primeira ocupación.

Compartir: