Inicio Carballo ao día Hemeroteca A BDT de Carballo mantén abertas neste momento un...

CONTACTO NO FÓRUM CARBALLO E NO 981 709 011

A BDT de Carballo mantén abertas neste momento un total de cinco ofertas de emprego en distintos sectores

Mércores 9 de decembro do 2015

Dende a súa posta en marcha, o 19 de novembro do 2012, a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo ten tramitado 274 ofertas para un total de 373 postos de traballo. Para realizar a selección foron convocadas 2.878 persoas, un 62,54 por cento das cales responderon satisfactoriamente. Así mesmo, dende a BDT enviáronse 1.611 currículos ás empresas, e nun 71,86 por cento dos casos as ofertas pecháronse coa colocación dalgunha persoa inscrita na BDT como demandante de emprego. En total acadáronse neste período 187 insercións laborais.

Compartir: