Inicio Carballo ao día Hemeroteca En Nadal participa na campaña

ENTRE O 18 DE DECEMBRO E O 5 DE XANEIRO EN 42 ESTABLECEMENTOS

En Nadal participa na campaña

Xoves 10 de decembro do 2015

Para apoiar a campaña nos comercios, a iniciativa complementarase ao mesmo tempo cun Concurso de fotografía nas redes sociais do Concello. Os participantes realizar unha foto nun dos comercios participantes na campaña de promoción e logo subila as redes co hashtag #semecachaDEScóntovos. Na foto, ademais do propio comercio, debe sair algún elemento identificativo da campaña (cartel, díptico, postal, etc.). Cada foto acompañarase dunha pequeña descrición do lugar e momento en que foi sacada a fotografía e as imaxes deben ser acordes coa finalidade da campaña para retratar e visibilizar de forma positiva os comercios de Carballo. O premio será un lote de produtos de Laura Tova e un vale do 50 por cento de desconto para a próxima compra no comercio da foto premiada na campaña (a utilizar até o 31 de marzo e ata un máximo de 200 euros).

Os 42 establecementos que participan na campaña son os sequintes: Adamela, A Fragua de Mo, Akira, Alesi, Alonso Moda, Amai-Store, Amar Moda, Atelier, Ave Paraïso, Bambalinas, Bambola, Barreiro O Zapateiro, Bells, Bema, Box, Calzados Lolita Anido, Carapuchiños, Centro de Masaxes Luisa Rabuñal, D&A Complementos, Don Camilo, Emiliano, Esprit Carballo, Fontanería Arán, Gervasio, Hadas y Piratas Moda Infantil, Hiperpapelería Carlin Carballo, Infinity Carballo, Interfilm, Joyería Calvelo Seoane, Mar de Encuentros, Mercería Vainica, Miriñaque, Modas Eva, O Armario de Pati, O Recuncho Ecolóxico, POPPY, Tasmania, Teirón Surf, Todo Lar (A Milagrosa), Vileco-Mix, Zapatería Esther, Zocas.

Concurso de escaparates e xornada comercialA campaña "SemechachaDEScóntovos" complétase co Concurso de Escaparatismo de Nadal que ten como principal obxectivo promover actuacións que dinamicen o comercio local e premiar o esforzo dos participantes no coidado da imaxe comercial dos seus establecementos. Hoxe xoves 10 de decembro rematou o prazo de anotacións e hai 41 tendas inscritas. Os escaparates deberán estar preparados ás 19.00 horas do luns 14 de decembro de 2015, momento a partir do cal o xurado poderá visitar os locais. A decoración non poderá desmontarse antes do 25 de decembro, para que a xente poda gozar dos escaparates durante as festas de Nadal, e os comercios deben comprometerse a manter o escaparate iluminado alomenos até as 22.00 horas entre os días 14 e 25 de decembro. Respecto dos premios, está previsto que o Concurso que reparta dous mil euros, con 1.000 euros para o establecemento gañador, 500 para o segundo clasificado, e un terceiro e cuarto premios por 250 euros cada un.

Os locais que participan no Concurso de Escaparatismo son: Armario de Pati, Hadas y piratas Moda infantil, Hiperpapelería Carlin Carballo, Emiliano, Bambalina, Monteluna Frutas, Adamela, Esprit Carballo, Teiron, POPPY, Mónica Vecino, Don Camilo, Muebles Luis, D'Fiesta tejidos, Mar de Encuentros, Miriñaque, Chiquikid's, D&A Complementos, Atelier, Interfilm, Deva Floristas, Amai-Store, Carapuchiños, Maiela Artesanía, Infinity, Tasmania, Bámbola, Gervasio, A Fragua de Mo, Estanco Milagrosa, Casal Gestoría, Carnicería Santiago Villaverde, O Cestiño, Zocas, Box, Ave Paraïso, Centro Óptico Bergantiños, Peluquería Lorena Lorenzo, Pombo Fotógrafo, Novias Eulalia, Librería Teloy.

Para pechar as actividades de dinamización, o sábado 2 de xaneiro haberá unha xornada comercial na que as tendas estarán abertas até as 23.00 horas. O Mercado contará con obradoiros e actividades para nenos e nenas de 17.00 a 21.00 horas para facilitar as compras das nais e pais, e ademais, haberá animación de rúa con maxia ou teatro nas tendas, que ofrecerán tamén un ágape aos clientes e clientas. Todo co obxectivo, en verbas de Regueira, presente na rolda de prensa xunto con Laura Tova, Santi Pazos e representantes de moitas das tendas participantes, de que "a xente quede a comprar en Carballo" e os cartos gastados na vila "revirtan no benestar dos veciños e veciñas". En Nadal, en Carballo, "SemechachaDEScóntovos".

Compartir: