Inicio Carballo ao día Hemeroteca O mellor do premio Luis Ksado, nunha mostra...

NO ANDAR -1 E NO 3º ANDAR DO PAZO DA CULTURA ATÉ O 7 DE XANEIRO

O mellor do premio Luis Ksado, nunha mostra retrospectiva que recolle as imaxes gañadoras nas dez primeiras edicións

Venres 11 de decembro do 2015

O Premio Luis Ksado naceu no ano 1997 con vocación de fomentar a creatividade fotográfica e ligada ao fotodocumentalismo. Foi unha iniciativa acollida pola Deputación da Coruña e mantida ao longo dos anos formando parte dos premios que se dedican á cultura e á arte. É un premio consolidado e cada ano vai en aumento a participación como mostra do interese que suscita e agora xa ten cumprida a súa edición número XII. Dende os seus inicios tivo unha vocación de ser un referente entre os concursos que se convocan en España e nas convocatorias que se teñen celebrado foron membros do xurado, entre outros, Manuel López, Josep Vicent Monzo, Arianna Rinaldo, Marisa Flórez, Raúl Cancio, Outumuro, Marta Daho, César Lucas, Pablo Juliá, Chema Conesa, Silvia Omedes, Isabel Muñoz, Oliva María Rubio e membros de Magnum Photo como Stuart Franklin, Bruno Barbey, Richard Kalvar, Chris Steele-Perkins, etc, algúns de medios tan prestixiosos como Magnum Photo. O concurso tamén tivo dende os seus comezos unha vocación itinerante que ten levado á exposición por diferentes puntos da provincia da Coruña e tamén por fora, xa que acaba de chegar de Madrid. Ao final, o Ksado é algo máis que un concurso, xa que é ademais unha aposta pola fotografía en todas as súas facetas.

Compartir: