Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unanimidade de todos os presentes no pleno a...

APROBADO O CONTRATO DE XESTIÓN INTEGRAL DA AUGA

Unanimidade de todos os presentes no pleno a investimentos na capital municipal por un importe superior aos 1,7 millóns de euros

Martes 15 de decembro do 2015

Analizando os investimentos máis polo miúdo, o máis cuantioso é o PAS, Plan de Acción Social 2015, que ascende a 917.250,66 euros. O proxecto do plan que conta cun maior importe é o de "Substitución de céspede artificial e equipamento deportivo do estadio municipal As Eiroas", por 517.046,84 euros. O seguinte é unha actuación para a mellora da accesibilidade no Barrio das Flores, por 261.057,35 euros. Actuarase tamén para eliminar as barreiras arquitectónicas na rúa Xúpiter, de acceso ao CCB-Gadis, por 102.830,69 euros. Por último, o PAS tamén inclúe un investimento de 36.315,78 euros para mellorar a accesibilidade e o funcionamento do Pazo da Cultura. A aprobación do PAS tamén recolle o visto e prace para o seu Plan Complementario, con outras dúas actuacións por 271.872,42 euros. Así, recóllese a cubrición de tres áreas do parque infantil do Parque do Anllóns por 148.843,25 euros; e a mellora de accesibilidade nas beirarrúas da rúa Laracha, situada na contorna da travesía Vázquez de Parga, o Centro de Saúde e o CCB-Gadis, por 123.029,17 euros.

O outro plan da Deputación recollido polo pleno e que recibiu o apoio de todos os presentes, o PAI, destinarase integramente a traballos de reurbanización na rúa Vila de Noia para completar as melloras que se están realizando nestes momentos no barrio do Chorís. O importe total é de 122.184,90 euros. Por último, a sesión supuxo, despois dun intenso debate, a aprobación do proxecto de mellora da primeira fase da Travesía de Sísamo entre o quilómetro 0,000 e o 0,310, incluído no Plan de Travesías 2015 da Deputación da Coruña, e que ten un importe de 418.420 euros. Hai que mencionar que o proxecto de mellora da travesía ao completo consta de tres fases, que se irán executando progresivamente co obxecto de acondicionar a vía até a Igrexa de Sísamo. Ao remate da sesión, o Alcalde, Evencio Ferrero, aproveitou para desexarlles a todos os integrantes da corporación un bo Nadal.

Compartir: