Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Obra Social

AS ASOCIACIÓNS SON CÁRITAS, AFABER, ASPABER, VIEIRO E UN PASO MÁIS

A Obra Social

Venres 18 de decembro do 2015

Ferrero tamén expresou, nun acto no que estiveron presentes representantes de todas as asociacións que se benefician destas axudas, a súa "satisfacción por ver como esta entidade financeira apoia a este exemplar tecido asociativo" que atende "non só a persoas de Carballo, senón tamén da comarca, de toda a Costa da Morte e mesmo alén das fronteiras da Costa da Morte, como é o caso de Aspaber". O cura párroco Don Xosé García Gondar expresou o agradecemento de Cáritas e tamén de todas as entidades beneficiarias, regalándolle a José Manuel Caamaño un exemplar do seu último libro, "50 anos dun cura feliz", no que recompila as súas vivencias no 50 aniversario da súa ordenación.

Compartir: