Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un Concerto de Nadal, un Concurso de dóces ou un...

VENRES 18 E O SÁBADO 19 DE DECEMBRO

Un Concerto de Nadal, un Concurso de dóces ou un baile para maiores, citas do Nadal Cultural para esta fin de semana

Xoves 17 de decembro do 2015

Tamén o venres 18 a sección de Carballo da Escola Oficial de Idiomas (EOI) celebra un Concurso de dóces de Nadal entre o seu alumnado. O concurso terá lugar no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo a partir das 18.00 horas.Esta será a VI edición dun concurso que goza de grande participación por parte do alumnado. O xurado do concurso estará formado polo cociñeiro e gastroconsultor Adrián Felípez, María Martínez Veira, como representante da Concellería de Cultura, Pol Fernández Fernández, profesor de francés do centro, e Paz Andrade Vázquez, como representante dos alumnos. O xurado valorará o sabor, a presentación, a complexidade e a orixinalidade do dóce. Sobre as 19.30 horas darase a coñecer o fallo do xurado. Os premios que recibirán os gañadores serán vales e libros doados pola Librería Brañas de Carballo. O gañador recibirá un vale regalo de 100€; o segundo clasificado, un vale regalo de 75€ e o terceiro clasificado, un vale regalo de 50€.

Por outro lado, o mesmo venres 18 a EOI organiza outras dúas actividades: o V certame da canción Nadal-visión nos que os alumnos cantarán cancións coñecidas da cultura anglófona, francófona e xermanófona, e o sorteo dunha cesta do Nadal, con produtos típicos dos países onde se falan as linguas estudadas no centro.A Escola de Idiomas leva xa varios anos desenvolvendo actividades culturais relacionadas coas linguas que se ensinan no seu centro. Estas actividades son necesarias para que os alumnos poidan pór en práctica os coñecementos adquiridos nas clases dunha forma lúdica e interactiva, coñecendo o contexto cultural no que estas linguas se falan; pero tamén para fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras pois estas non só son útiles para poder desenvolverse cando se viaxa ao estranxeiro ou en determinados ámbitos laborais, senón tamén para divertirse.

Entradas para o Nadal Pequespectacular e Baile para maioresOs maiores tamén teñen espazo no programa do Nadal Cultural, con ata tres citas no programa. A primeira delas será un Festival de Nadal que terá lugar o sábado 19 de decembro no Pazo da Cultura a partir das 18.00 horas e que estará amenizado polo grupo Chicas do Swing. Así mesmo, a Concellaría de Cultura tamén quere lembrar que as invitacións para o espectáculo do Mago Antón para o sábado 26 de decembro xa se poden recoller no Pazo da Cultura até o 23 de decembro, de 11 a 14.00 horas no Pazo da Cultura. E as entradas para os espectáculos do Nadal Pequespectacular, que terán lugar os días 28, 29 e 30 de decembro pódense reservar ata o 30 de decembro, de 11 a 14.00 horas nun máximo de 4 por persoa.

Compartir: