Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Nadal Pequespectacular arrinca co espectáculo...

SÁBADO 26 DE DECEMBRO NA PRAZA DO CONCELLO: DE BALDE

O Nadal Pequespectacular arrinca co espectáculo "Onde está o Mago Antón?" con aparicións, mentalismo ou cartomaxia

Luns 21 de decembro do 2015

As invitacións (non se permiten máis de 4 invitacións por persoa) poden recollerse entre os días 16 e 23 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas. Para facilitar a asistencia daquelas persoas que non podan achegarse a recoller o convite nesas datas ao Pazo da Cultura, reservaranse un mínimo de invitacións para distribuír o propio día da función antes de cada sesión. Os pases terán unha limitación de 75 persoas por sesión. Para calquera información poden poñerse en contacto co teléfono de Cultura 981 704 300 entre o luns 21 e o mércore 2 de decembro. hay que lembrar que continúa a reserva das entradas de pago para asistir ao resto dos espectáculos do Nadal Pequespectacular que terán lugar os días 28, 29 e 30 de decembro no Pazo da Cultura. Os espectadores máis cativos poderán asistir a tres espectáculos de música, monicreques e danza a cargo da compañía galega Monicreques de Kukas que presentará "A Frauta máxica do maxín" con marionetas de fíos e títeres, con música en directo a cargo de Zoar Ensemble; da compañía catalana Engruna Teatre, representando o espectáculo de monicreques "Código Postal 00"; e da compañía valenciana La Coja Dansa que presenta o espectáculo de danza "Escondite".

Compartir: