Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha

A CAPITAL MUNICIPAL TEN PRETO DE 1.900 APARCADOIROS GRATUÍTOS

O Concello pon en marcha

Mércores 23 de decembro do 2015

Esta campaña xorde no marco das recentes actuacións para asfaltar seis das bolsas de aparcadoiros gratuítos presentes na capital municipal situadas na contorna das rúas Pontevedra e Roberto Vidal Bolaño -entre a Biblioteca, na rúa Bos Aires, e no Parque Rego da Balsa- na Horta do Casino e no aparcadoiro do Pazo da Cultura. Ademais de estas zonas de estacionamento, no mapa de "Apárcate en Carballo" están sinalizadas a do Centro Comercial Bergantiños -de titularidade municipal as prazas situadas en superficie-, a da Vila de Negreira, a do San Mariño, a da Rúa Xirona, a da Estación de Autobuses, a do Fórum Carballo, a da rúa Río Miño, a da rúa Vila de Coristanco, a da Rúa Vila de Corcubión e a da rúa Carballo Calero, con un total de 21 áreas dispoñibles. Dende hoxe, ademais, estas zonas xa son 22, xa que os veciños e veciñas xa poden apartar tamén nun espazo con capacidade para pouco máis de 20 prazas na contorna das rúas Doutor Fleming e Andorra (na imaxe). Trátase dunha área con moito tráfico de vehículos e na que hai dificultades para estacionar debido á presenza de moitos vaos permanentes e comerciais. Con estas novas prazas, o Concello espera mellorar a situación dos condutores que de cotío circulan pola zona.

Compartir: