Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello prepara o

RECOLLERANSE IDEAS ATÉ O LUNS 28 DE DECEMBRO

O Concello prepara o

Mércores 23 de decembro do 2015

Os veciños e veciñas poderán responder coas súas ideas a cuestións relativas a como ven o Carballo do futuro ou que ideas teñen para facer un Carballo sostible e para todos e todas. Respecto dalgunhas das estratexias concretas de futuro que formula o proxecto EDUSI, hai que mencionar a de desenvolver o emprego local con iniciativas que axuden a mellorar a competitividade das pemes, como a promoción do emprendemento ou o apoio para crecer en mercados rexionais, nacionais e internacionais. Mellorar o acceso, uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación, promovendo a participación cidadá e a democracia participativa a través de instrumentos de e-administración. Fomentaríase a dixitalización dos recursos e patrimonio turístico. Para favorecer o paso de Carballo a unha economía baixa en carbono promoveríase a implantación dun Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, con máis rúas peonís a creación de carrís bici ou a inclusión de puntos de recarga de vehículos eléctricos, entre outras actuacións. Buscaríase a mellora da eficiencia enerxética co programa Carballo Carbón Neutral para a mellora da eficiencia enerxética en todos os edificios municipais e para crear unha rede de comercio e empresas cara a unha economía baixa en carbono co uso dunha plataforma informática para a medición de consumos enerxéticos.

Traballo coa cidade, coa veciñanza e co patrimonioCon respecto ás prioridades de investimento nos campos de medio ambiente e patrimonio, estudaríase a creación do programa "As raíces de Carballo", para o desenvolvemento e promoción de activos turísticos urbanos, que incluiría ademais algunha rehabilitación patrimonial, ademais de desenvolverse unha acción integrada de rehabilitación da cidade e de mellora da súa contorna e medio ambiente. Dentro do plan Carballo Limpo incluiríanse plans de mellora da calidade do aire urbano e de redución do ruído urbano. Por outra banda, para lograr que sexa un "Carballo para todos" perseguirase a inclusión real a todos os niveis de grupos desfavorecidos do municipio ou as persoas con discapacidade con especial atención ao fomento do emprego ou a alfabetización dixital destes colectivos. O Concello anima a toda a veciñanza a que achegue as súas ideas para favorecer a mellora e posta en marcha de todo tipo de actuacións para construír o Carballo do futuro.

Compartir: