Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita varias melloras en centros de...

O ALCALDE REUNIUSE CO XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN

O Concello solicita varias melloras en centros de ensino do municipio e intermedia pola consecución da xornada única

Xoves 14 de xaneiro do 2016

Respecto á unificación de horarios nos centros, durante a xuntanza tamén se determinou que non será posible que os institutos de Secundaria, que actualmente teñen dispares xornadas de tarde co IES Monte Neme os luns, o IES Alfredo Brañas os martes e o IES Isidro Parga Pondal os xoves, cheguen a uniformar os horarios para ter as clases a mesma tarde á semana. Por último, a reunión tamén serviu para que Evencio Ferrero lle transmitise a Indalecio Cabana varias das necesidades existentes en varios dos centros educativos do munipio, especialmente a necesidade de substituír o peche perimetral do IES Nétoma-Razo. Así, nestes momentos está moi deteriorado xa que o feito de que as instalacións estean moi próximas ao mar determina que o peche metálico se oxide e se deteriore con rapidez, correndo perigo mesmo de derrubo nalgúns puntos. Así mesmo, solicitouse que se realice o proxecto para cubrir e ampliar a zona de Infantil do CEIP Bergantiños e tamén se pediron melloras para o CEIP Gángara-Sofán. O Alcalde subliñou que, en contrapartida por estas melloras, sempre con ánimo de "lealdade institucional" e aínda que a xestión dos centros de ensino depende da Consellería de Educación, o Concello comprométese a asumir a realización doutras melloras nos centros.

Compartir: