Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle as xornadas "Baldaio, máis cerca"...

DO 26 AO 30 DE XANEIRO NA CONTORNA DO ESPAZO NATURAL

Carballo acolle as xornadas "Baldaio, máis cerca" para conmemorar o Día Internacional dos Humidais

Xoves 21 de xaneiro do 2016

Durante as xornadas, terán representación diferentes faladoiros no local social de Imende e que proseguirán con visitas interpretativas polo interior das parroquias e polo coñecido humidal. Por outra banda, tamén se realizarán diversas visitas ao espazo con diferentes centros de ensino de Bergantiños, co obxectivo de deixar pegada nas xeracións vindeiras da importante e variada riqueza desta parte da Costa da Morte. Convidamos a todas as veciñas e veciños interesados a que se acheguen para disfrutar do espazo natural de Razo-Baldaio. Para coñecer o programa de actividades ao completo, pode descargarse o programa en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: