Inicio Carballo ao día Novas Entran na recta final as obras de...

Entran na recta final as obras de pavimentación de case 30 quilómetros de vías en nove parroquias

Mércores 17 de agosto do 2022

Asfaltado en Vivente (Ardaña)

Asfaltado en Vivente (Ardaña)

A empresa Vázquez y Reino continúa estes días en Vivente (Ardaña) coas obras de pavimentación de case 30 quilómetros de vías en nove parroquias.

Os traballos entran na súa recta final despois de actuar en todas estas vías: Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), Rúa Neptuno (Razo), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Porto Lago (Bértoa), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus), Cadavoso (Artes) e Guntián-As Bouzas (Sofán).

Despois de Vivente, os traballos continuarán na parroquia de Carballo, en concreto nas zonas de O Sisto e A Barreira-Cernide.

En total, 29.610 metros de pistas e rúas en núcleos rurais de Ardaña, Sofán, Razo, Carballo, Bértoa, Lema, Rus, Artes e Berdillo que se atopaban en malas condicións. As obras consisten na limpeza de gabias e no asfaltado con rego simple, dobre ou triplo, segundo o uso das vías. O investimento acada os 463.791 euros.

Compartir: