Inicio Áreas Cultura Axenda Cinco agrupacións tradicionais...

Cinco agrupacións tradicionais participarán nas Noitiñas de Nadal

Venres 21 de decembro do 2018 20:00 horas - Igrexa San Xoán B./Praza do Concello e Rúa Coruña

Volven as Noitiñas de Nadal ao Concello de Carballo. As cantareiras e cantareiros das asociacións Arume de Berdillo, San Campio de Cances, Xoldreira da AC Nemeth e o Coro O'Candil volverán a levar as melodías propias destas datas ao adro da igrexa San Xoán Bautista, á Praza do Concello e a rúa Coruña. Achégate e participa nunha das actividades máis agardadas e tradicionais da temporada.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Agrupacións musicais locais

Compartir: