Inicio Áreas Cultura Axenda La Crema regresa aos escenarios con...

La Crema regresa aos escenarios con "A ras de suelo 21"

Xoves 29 de xullo do 2021 21.30 horas - Rúa Jacinto Amigo

LA CREMA© non é só un grupo musical, nin un grupo de amigos unidos por un mismo fin, é algo máis, é unha semente que foi medrando, que despois de anos en silencio retoman o camiño cun concerto na vila onde os viu empezar e onde queren ofrecer o mellor da súa música. Esta formación realizou diversas gravacións ao longo da súa traxectoria, ademais conta cunha produtora e con estudio de son propio, unha aposta forte pola súa música e por reinvindicarse como un dos grupos de rock máis importantes de Carballo.

Poderás escoitalos en directo na rúa Jacinto Amigo Lera. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Organiza: La Crema
Colabora: Concellaría de Cultura

Compartir: