Rúa dos Contos: "Unha historia de amor ao Tarantino" con 8mm. Teatro
Martes 11 de outubro do 2016 Mesón A Cabaña - 21.00 h.
8mm. Teatro
Un carniceiro de aldea e unha noviña femme fatale consuman o seu amor no bar de Bob, pero un terceiro en discordia troca as sendas do destino.Unha comedia macabra, cunha chiscadela de Tarantino. Pistolas, sexo e moitas risas para un cóctel explosivo e saboroso. Os espectadores verémonos mergullados na acción e na ficción, nesta proposta, onde a distancia entre o actor e o espectador é tan só de 8mm.
A partir das 21.00 horas no Mesón A Cabaña. Entrada libre.