Proxección de “Unha muller que pasa/silencio” e coloquio cos autores
Xoves 13 de outubro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 19.30h
Paco Gallego
A Biblioteca Rego da Balsa acolle a proxección dunha curtametraxe de crítica social que trata un tema tan importante coma o dos desafiuzamentos por expropiación ou por non poder pagar unha hipoteca. Gañadora do Certame de curtas para Rosalia (ASPG) e con Mención especial no Festival Internacional de Cine de Autor de Ourense. Despois da proxección haberá un coloquio cos autores Xosé Bocixa e Paco Gallego.
A actividade, de balde e para todos os públicos, a partir das 19.30 horas.