Rúa dos Contos: "Dous homes e un vespino" con Xosé Touriñán e Pepo Suevos
Sábado 15 de outubro do 2016 Mercado Municipal - 23.30 h.
Suevos e Touriñán
Vaia dúas patas para un banco! Pepo e Touri nunha noite de comedia única cun espectáculo inédito. Logo de facer rir a media Galicia cos seus espectáculos en solitario, Xosé Touriñán e Pepo Suevos, estes dous populares cómicos, volven ao FIOT polo noso 25 aniversario para pechar esta edición na que a Rúa dos contos se fixo maior de idade. Falarán da vida, do vespino e tamén das experiencias, sempre desde un particular punto de vista que non deixará a ninguén indiferente.
Estrea absoluta no Mercado Municipal a partir das 23.30 h. Entrada: 5 euros.