Pollen Paradise
Venres 22 de abril - 21.00 h
Compañía: Mar Gómez
Duración: 1 hora e 15 minutos
Prezo da entrada ordinaria: 4 €
Prezo da entrada reducida: 3 €
Público: Adulto
Un invernadoiro, flores, plantas e catro personaxes en movemento son os elementos básicos das dúas pezas complementarias do novo espectáculo da compañía catalá Mar Gómez.
Na primeira peza un home construirá o seu propio Edén transformando unha planta no seu obxecto de desexo. Valerá a pena sacar a fermosa planta amorosa do invernadoiro?
Na segunda peza, a impetuosa e disparatada historia de amor e desexo entre un xardineiro e unha muller impulsiva, que os levará a vivir baixo un exótico invernadoiro.
Pollen Paradise son historias de amor independentes que evocan a idea do paraíso, unha viaxe humorística e poética cara os imperfectos lugares que creamos as persoas por amor e desexo.
É un privilexio que cerre Primavera enDanza a compañía Mar Gómez, que leva máis de 20 anos de traxectoria profesional cunha liña de traballo moi persoal, onde o teatro danza, o uso do sentido do humor, o xesto e un traballo coreográfico excepcional que fan desta compañía unha das máis importantes na danza contemporánea.
Ficha artística
Dirección artística: Mar Gómez
Dirección coreográfica: Xavier Martínez
Interpretación: Mar Gómez e Xavier Martínez
Deseño coreográfico: Ángel Márquez
Deseño iluminación: Anna Espunya
Deseño de vestiario: Mariel Soria.