Inicio Áreas Lingua Novas O Servizo de Normalización...

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Servizo de Normalización Lingüística organiza obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga

Xoves 29 de agosto do 2024

Imaxe dunha das actividades complementarias realizadas no último curso de acollemento lingüístico

Imaxe dunha das actividades complementarias realizadas no último curso de acollemento lingüístico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga.

O primeiro vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que neste obradoiro de acollemento lingüístico entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase desde o 10 de setembro ata o 19 de decembro, todos os martes e xoves, de 17.30 a 19.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, na Milagrosa.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando a snl@carballo.gal un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).

Tamén repetimos os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para os cales tamén está aberto o prazo de matrícula. Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse todos os xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, desde o 12 de setembro ata o 28 de novembro. As persoas interesadas pódense inscribir mandando un correo co nome e apelidos e número de teléfono a snl@carballo.gal.

Compartir: