"Conto me río", nanocontos para bebés con Raquel Queizás
Martes 30 de xaneiro do 2018 17.15 e 18.15 horas - Ludoteca Municipal Lingua
Un contacontos para bebés que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias que captan o seu interese e atención mentres aprenden novos nomes para as cousas que acaban de descubrir.
Participación: dirixido a bebés de 0-3 anos. Poden participar un máximo de 20 familias por orde de inscrición en cada unha das sesións. Inscrición previa de balde desde o día 23 de xaneiro na Biblioteca Rego da Balsa ou na Ludoteca.
Organiza: Ludoteca – Concellaría de Cultura