Música e teatro para peques con Gatuxo
Mércores 6 de xuño do 2018 Ás 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Lingua
No mes de xuño a primeira das actividades con Apego, coordinadas polo departamento de Normalización Lingüística (SNL), está pensada para bebés de 0 a 4 anos e as súas familias. Trátase do espectáculo músico-teatral Gatuxo, unha proposta de Magín Blanco e compañía con música, teatro, contos e moito máis.
Debido a que o aforo da sala é limitado, as persoas que estean interesados/as en acudir deberán recoller os seus convites na Biblioteca Rego da Balsa a partir do mércores 30.
Participación: nenos e nenas de 0 a 4 anos
Entrada: Libre e de balde con convite
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística