Inicio Carballo ao día Axenda XXXVII Día da Muiñeira

XXXVII Día da Muiñeira

Domingo 3 de xuño do 2018 Ás 18:00 horas - Praza do Concello Cultura

Tanto se vas bailar coma se non, o Día da Muiñeira de Carballo é cita obrigada cada ano (e xa van 37) para os/as amantes do folclore e das nosas tradicións e costumes máis arraigados. Este domingo agárdanos unha gran festa na Praza do Concello que rematará cunha foliada aberta á participación de todo o público.

Os actos darán comezo ás 17:00 horas coa concentración das agrupacións participantes no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños. Ás 17:30h, realizarán un desfile polas rúas do municipio en dirección á Praza e ás 18h comezarán os actos centrais cun multitudinario baile no que participarán centos de persoas unidas por unha mesma paixón: a música tradicional galega. E falando de tradicións, neste caso orais, os regueifeiros Suso e Antonio de Xornes farán gozar aos asistentes cun espectáculo en directo de enxeño e improvisación. Agardámoste!

Organiza: Nemeth Carballo
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D