Inicio Carballo ao día Axenda Charla sobre as distancias das plantacións...

Charla sobre as distancias das plantacións establecidas na Lei de prevención dos incendios forestais

Luns 23 de xullo do 2018 20.00 horas - Fórum Carballo

O Concello de Carballo quere achegar á poboación toda a información relativa ao cumprimento da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais (3/2007), que obriga aos titulares de fincas a mantelas limpas e a abrir franxas de xestión de biomasa que garanta a seguridade das persoas e das edificacións. Con esa intención, en colaboración coa Xunta de Galicia, para o vindeiro luns 23, a partir das 20.00 horas, está prevista no auditorio doFórum Carballo unha charla informativa que será impartida por Manuel Capón Domínguez, xefe do Distrito Forestal II Bergantiños-Mariñas Coruñesas.

O acto está aberto a toda a cidadanía. O obxectivo é explicar o contido da lei e de que maneira afecta, no que respecta ás distancias que deben gardar as plantacións forestais con respecto a vivendas e vías, aos veciños e veciñas do noso concello, que está incluído dentro da zona de alto risco de incendios. 

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D