Gala de Clausura do Festival Carballo InterPlay
Sábado 7 de maio do 2016 Pazo da Cultura - 20.00 h. Cultura
Iolanda Muíños
Na gala de clausura do Carballo Interplay 2016 coñeceremos a Iolanda, unha muller á que sempre lle gustou ir cos tempos. Xa nos oitenta decatouse de que algo non ía ben, algo faltaba, do interesante que sería poder acceder á información dun xeito rápido e instantáneo e rematar así coas desastrosas citas con tíos dos que non sabes nada e as interminables absurdas discusións xogando ó trivial. Por iso a chegada de internet foi para ela coma un arcanxo anunciándolle a chegada dun novo mesías e abríndolle un mundo de posibilidades infinitas para mellorar o seu día a día.
Obsesionada con sufrir unha obsolescencia programada, non dubida en mostrarnos as súas artimañas para estar sempre ó día e vivir intensamente a experiencia da Rede.Seguiremos a Iolanda no seu periplo dende os oitenta ata un futuro non moi lonxano porque todos sabemos cómo comezou pero non ata onde nos levará a… Internet!E polo medio, se tal, entregamos os premios.
Interpretada por Iolanda Muíños.
Traballo de mapping e edición de videos para a gala a cargo de Jorge García.
Vestiario de Vainilla & Chocolate.
Guión e dirección de Sandra Lesta.
+info no web do festival: <www.carballointerplay.com>.