Exposición: O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional
Do xoves 12 de maio ata o domingo 5 de xuño do 2016 Pazo da Cultura - De 17.30 a 20.30 h. Cultura
O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Argazo presentan unha mostra sobre o traxe tradicional galego. A exposición, titulada O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional, pretende introducir ao público nunha primeira aproximación ao redescubrimento do traxe tradicional galego baseada no estudio de pezas antigas. Componse duns 20 traxes que forman parte da colección privada de Alberto Golpe Beceiro e con pezas da colección de Antón Méndez Gándara. Todas as roupas son antigas (dos séculos XVIII ou XIX) ou reproducións fieis de pezas antigas tanto de roupa como complementos do vestir e ourivería.
Enmarcada na programación das Letras Galegas 2016, a exposición pode visitarse até o 5 de xuño de luns a domingo de 17.30 a 20.30 horas no 3º andar do Pazo da Cultura.