Primavera en ruta...
Martes 17 de maio do 2016 Saída Sede Senda Nova - 9.15h Deporte
A forza do río Chonia
A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello, propón o programa Primavera en Ruta, oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O Día das Letras, martes 17 de maio, recuperamos unha das rutas que tivera que ser aprazada polo mal tempo: A forza do río Chonia. De 22 quilómetros, transcorre polo Concello de Trazo, saíndo de Castrillón e terminando en Portomeiro (Val do Dubra). Durante o percorrido visitarase o Pazo de Restende, así como a fermosa confluencia dos ríos Chonia e Tambre. Dificultade media.
Podedes inscribirvos até dous días antes de cada roteiro.
+info: 696 155 232 / sendanova@hotmail.com