Inicio Carballo ao día Axenda Exposición do XII Certame de...

Exposición do XII Certame de artesanía Antonio Fraguas

Do luns 22 de abril ata o mércores 8 de maio do 2019 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 Pazo da Cultura Cultura

A mostra das obras seleccionadas no XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas, organizado pola Deputación da Coruña, pode verse no Andar -1 do Pazo da Cultura. O galardón, que consta de dúas modalidades- artesanía tradicional e contemporánea-, ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos os artesáns galegos. 

A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Pódense apreciar traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura. 

Obras premiadas no XII Certame
Tradicional: Carla Canedo Martínez, "Un sapo, unha muller"
Contemporánea: Rosa Fernández Iglesias e Mª del Carmen Villalva Caramés, "E miraremo-las ondas. Once cantigas do mar de Vigo"

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D