O Dúo Sintonía pechará os bailes para maiores do mes de maio
Domingo 26 de maio do 2019 De 18:00 a 21:00 horas - Pazo da Cultura
Esta semana despedimos o mes de maio coa música en directo que o Dúo Sintonía achegará a unha nova sesión dos bailes para maiores, que organiza a Concellería de Terceira Idade.
Se che apetece poñerlle ritmo á tarde do domingo e gozar de moi boa compañía, anímate e participa. A entrada é libre e de balde!