Final da III Copa Gallaecia infantil de fútbol feminino
Sábado 15 de xuño do 2019 10:30 horas - Campo de Fútbol As Eiroas Deporte
O bo xogo, a emoción e os nervios volverán ao campo de fútbol As Eiroas durante a celebración da fase final, categoría infantil, da III Copa Gallaecia de fútbol feminino. Os primeiros encontros disputaranse a partir das 10:30 horas cos 1/4 de final para, a partir das 12:30 horas iniciar as semifinais. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, celebrarase a final de consolación e ás 19:00 horas a gran final, na que as aspirantes (ao igual que veñen facendo durante toda a temporada) terán que dar o mellor de si mesmas para facerse coa victoria.
Organiza: Bergantiños FC e Federación Galega de Fútbol
Colabora: Concello de Carballo