Os Bolechas traen a Carballo a campaña "O que se enchufa recíclase"
Do martes 11 de xuño ata o mércores 12 de xuño do 2019 Horario de tarde - Praza do Concello
O día 1 de xuño arrincou unha nova campaña de sensibilización sobre a correcta xestión e a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). A iniciativa, promovida pola Xunta, inclúe, entre outras accións, un posto informativo itinerante para dar a coñecer á cidadanía as obrigas e dereitos en relación á xesión e reciclaxe dos RAEE.
O público infantil tamén terá o seu espazo co despregue dunha carpa e o autobús dos Bolechas, que colaboran activamente nesta campaña. Se queres saber como só tes que achegarte á Praza do Concello os días 11 e 12 polas tardes.