Inicio Carballo ao día Axenda XXII Festa do Berberecho

XXII Festa do Berberecho

Sábado 17 de agosto do 2019 A partir das 13:00 horas - A Imende (Noicela) Participación veciñal

Un ano máis, a ADCR Baldaio organiza, coa colaboración do Concello de Carballo, unha das festas gastronómicas con máis sona e tradición da contorna para render tributo a un dos produtos estrela da ría de Baldaio: o berberecho. 

A partir das 13.00 horas, e durante todo o día, os/as asistentes poderán degustar o este exquisito molusco en todas as súas variedades: ao vapor, en empanada e en salsa. Ademais de comer ata fartar, a xornada tamén nos deixará moita e moi boa música. Tanto a sesión vermú (14h) como a verbena estarán amenizadas pola orquestra "Almirantes", á que se sumará o ritmo do Dúo CHIC para animar aínda máis a velada nocturna. Un pouco antes, ás 21.00 horas, o grupo de baile Bilitroque será o encargado de animar o ambiente co seu repertorio de música tradicional galega.

O público disporá dunha zona de aparcamento gratuíto e unha gran carpa, onde se levará a cabo a tradicional degustación que, agardamos, sexa tan multitudinaria como en edicións anteriores. Bo proveito!

Organiza: ADCR Baldaio
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D